Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de marzo de 2010

domingo, 14 de marzo de 2010

miércoles, 3 de marzo de 2010

ORGULLOS@S DO NOSO, ORGULLOS@S DO GALEGO

Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

Unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL consideramos que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela. Para calquera consulta, non dubidedes en enviar os vosos correos a correo@coordinadoraendl.org.

Como se pode participar dende os centros escolares?

1. Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

Grupo no Facebook: “Nós tamén estamos orgullos@s do galego”

Eventos no Tuenti: “Orgullos@s do Galego”