lunes, 22 de marzo de 2010

VIAXE VIRTUAL POLO UNIVERSO

O Museo Americano de Historia Natural móstranos unha viaxe virtual. Partindo da superficie da terra, fai un recorrido ata os límites do universo coñecido. Para a elaboración do vídeo parte de datos reais, facendo unha reconstrución do datos que se coñecen ó día de hoxe sobre o universo en que vivimos. Desde a traxectoria dos satélites que orbitan a terra, a posición das estrelas, as galaxias, os lonxanos quasares, todo está baseado de forma exacta nos datos que se teñen de cada obxecto.
A viaxe que comeza no Himalaya e termina no límite que marcan os instrumentos máis potentes que se dispoñen, os ecos do Big Bang, a 13.700 millóns de anos luz de distancia.

1 comentario:

  1. É un video moi interesante, mostranos os satelites artificiais que orbitan ó redor da terra.

    ResponderEliminar